ENVÍO GRATIS CON 60€ DE COMPRA

Envíos e devolucións

As condicións de compra (en diante as Condicións) que se recollen a continuación regulan a venda de produtos da web ou tenda en liña “sonuntoxo.com” presentada por GALICIA BRAND FACTORY, S.L., (en diante, “A EMPRESA”) con domicilio social na Rúa Uruguay, 2, 5º Izq 36201, Vigo e con enderezo electrónico hola@sonuntoxo.com, CIF número B56975840

Lea atentamente ¡as Condicións antes de usar este sitio web. Ao utilizar este sitio web ou realizar un pedido a través del, aceptas as Condicións e aceptas estar obrigado por elas, polo que se non estás de acordo co contido completo das Condicións non deberías utilizar esta páxina. As presentes Condicións poderán ser modificadas en calquera momento, sendo de aplicación as Condicións vixentes no momento da utilización do sitio web.

Envíos
O envío dos artigos adquiridos en sonuntoxo.com corre a cargo dunha empresa de mensaxería. O pedido do cliente entregarase no prazo estipulado por sonuntoxo.com no momento de realizar a compra online.

Para evitar incidencias de entrega (como enderezos erróneos, dificultades para atopar alguén na casa, etc.), é imprescindible cubrir correctamente o formulario de compra, sendo recomendable facilitar un teléfono de contacto no recadro correspondente.

Cambios e/ou devolucións
Calquera artigo adquirido que non resulte satisfactorio para o cliente pode ser devolto nun prazo máximo de 30 días desde a data de recepción do pedido, agás os packs,, que non poden ser devoltos de forma independente.

Podes xestionar a devolución dos produtos que adquiriches en sonuntoxo.com desde a propia páxina web, entrando na túa sección de usuarios.

Son un toxo non aceptará cambios ou devolucións que non fosen comunicados previamente polas canles indicadas.

A devolución farase efectiva no mesmo método de pagamento que utilizaches e limitarase aos artigos non utilizados que sexan devoltos en perfecto estado, nas mesmas condicións en que foron recibidos.

Os gastos de envío para a devolución correrán a cargo do cliente.

En ningún caso Son un toxo aceptará devolucións enviadas a portes debidos.

Para calquera reclamación é imprescindible presentar o xustificante de compra.

Ademais, é fundamental que na parte exterior do paquete apareza o seguinte enderezo:

Almacén Son un toxo
Frixe, nº1 Muxía
15124, A Coruña