Deseño de camisetas e merchandising
personalizado para proxectos
galegos con alma propia

En Son un toxo colaboramos con proxectos que nos emocionan, que comunican en galego ou que nacen en Galicia. Queremos darlles forma ás súas ideas a través do deseño de camisetas personalizadas e outro merchandising, creando produtos con identidade e que axuden a dar visibilidade ao que fan.

Se tes unha marca, unha asociación, un festival ou un proxecto creativo e queres conectar co teu público con camisetas que falen por ti, nós axudámoste a:

 

  • Deseñar produtos orixinais adaptados á túa mensaxe e estilo.

  • Crear unha imaxe coherente coa túa identidade visual.

  • Conseguir visibilidade e presenza a través dun produto que a xente leva posto.

 

Non somos só un estudo de deseño: queremos establecer lazos e facer que os proxectos galegos brillen.

Contacta connosco para darlle vida ao merchandising do teu negocio.

As nosas colaboracións

Feiraco é unha das marcas máis memorables de Galicia, coa que nos fixo especial ilusión colaborar.

Colaboramos con eles para celebrar o Día de Galicia creando unha identidade gráfica moi especial: inspirámonos no icónico “I ♥ NY” e adaptámolo ao galego: “EU 💚 GALICIA”, cun corazón verde que encheu de cor e orgullo galego os lineais dos supermercados.

Tamén deseñamos souvenirs conmemorativos: cuncas e bolsas de tea, que a xente puido conseguir mercando produtos Feiraco.

Ademais, tamén se organizou en Santiago con un mural xigante onde todos podían deixar a súa mensaxe de amor por Galicia e levar para casa un recordo da campaña.

Camping Lago Mar non é soamente un camping. É un espazo cultural  deseñado para que os seus visitantes poidan disfrutar dunha variedade de eventos e concertos nun ambiente acolledor e único, un lugar onde se mesturan paisaxe, gastronomía, música, arte, cultura e boa vibra. Un lugar no que te sintes coma na casa, onde desconectas da rutina e onde disfrutas de todo iso e máis.

E que mellor espazo para deixar un cachiño do noso arte, dos nosos deseños e dos nosos produtos. Por iso nace esta colaboración entre dous proxectos únicos na Costa da Morte e na que se misturan a súa boa vibra coa nosa forma de facer as cousas. 

A cami “A túa favorita” forma parte da colección O Moncho Burguer x Toxo. Cando nos propuxeron colaboración non tivemos outro remedio que dicir que sí! Porque apoiamos o que se fai ben, o de aquí, e a quen utiliza o galego para levar a cabo un proxecto na Costa da Morte.

O Moncho Burguer non é so un local de hamburguesas: é experiencia, sabor e bo rollo. Aquí as hamburguesas son obras de arte (Vaca vella, Black Angus, A Malladuira….).

 Os seus ingredientes son pura explosión de sabor, o ambiente é pura enerxía e cada visita acaba cun “¡qué ricoooo!”. Agora, podes levar esa esencia no teu estilo con esta camiseta. Camiseta 100% algodón orgánico. Lavar con cores similares, non planchar o estampado, dar a volta á prenda para lavala, planchala polo revés.